sábado, 4 de outubro de 2025

MÚSICA CLÁSICA: CATRO ANOS

 

Esta semana e na aula estivemos traballando de maneira vivencial coa música clásica de Vivaldi. A través da escoita activa e de actividades prácticas, os/as nenos/as puideron conectar coas emocións e os ritmos das súas composicións, experimentando a música de forma directa e participativa. O luns entraron no cole con música de Vivaldi.
Esta semana comezamos con pequenas cousiñas que viñeron das casas, relacionadas coa música. Cada obxecto permitiunos explorar sons e ritmos diferentes e compartir experiencias musicais entre todos.
Icía trouxo un pao de choiva  é un instrumento musical moi divertido. Ademais, é perfecto para traballar a experimentación sonora, a motricidade fina, a atención e a calma.

Tamén unha caixa de música con cordas onde todos experimentamos tocando e escoitando os seus sons


SERGIO e LOLA trouxeron un MICRO e unha ARMÓNICA e unha GUITARRA que todos manipulamos e observamos, empezamos a clasificar os instrumentos por ser de corda, percusión o vento.



XIANA B. tamén trouxo unha ARMÖNICA que observamos e manipulamos, despois Xiana deunos un recital con ela.

VALENTINA trouxo moitos instrumentos 
Os clasificamos por vento, corda e percusión e despois experimentamos con todos eles




ICÍA trouxo unha maraca feita na casa, contounos como a fixo e despois a tocar!

Temos unha caixa máxica que, ás veces, sorpréndenos con pequenas cousas. Esta semana trouxo instrumentos de percusión, que son aqueles que se tocan golpeando, sacudindo ou raspando, producindo ritmos e sons que podemos explorar e xogar coas mans.
















Este proxecto promete!!!


Realizaron trazos en papel seguindo os ritmos e as melodías da música, experimentando e expresando visualmente as sensacións que lles transmitía.





Tamén nos convertemos en directores/as de orquesta e para iso necesitamos unha BATUTA, cando xa a tiñamos movemola no aire ao ritmo da música de VIVALDI



Para rematar a semana e despois de todo o traballado pensamos o que nos fai sentir a MÚSICA CLÁSICA estaban dacordo que a música é relaxante como cando dan un paseo pola Lagoa, como cando se van a cama e lles len un conto...
e para poñer fin a semana UN CONTO SONORO:

Tamén temos xogos novos na aula para cando rematamos as tarefas. Estes xogos non só son divertidos, senón que tamén traballan diferentes habilidades: a lectoescritura, porque fomentan o inicio da lectura e da escrita; a lóxico-matemática, ao desenvolver o razoamento e a resolución de problemas; e a grafomotricidade, ao mellorar a coordinación e o control nos trazos e movementos das mans.












Comezaremos unha nova rutina: cada luns iremos á biblioteca a coller un conto, que estará na casa ata o seguinte luns, cando volverá ao cole. Para levar os contos fixemos estas bolsas tan chulis, nas que cada un debuxou e puxo o seu nome.



Na reunión inicial falamos que este curso nos cumples iamos pedir algo que sexa especial para o neno/a. Este mes de outubro temos dous cumples. Por iso os cumpleañeros  poden ir traendo as súas cousas especiais cando queiran. 
Moitas grazas pola colaboración.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!