Volve VALENTINA💗
Que contentos nos puxemos o luns!
O super poder de Valentina tiñámolo claro, é a valentía.
As actividades desta semana foron de pelos, como é o noso pelo longo ou curto?
Debuxámonos.
Damoslle moita cor a nosa imaxe. Por suposto tal cual o noso pelo debuxamos.
Experimentamos co papel e as tesoiras e intentamos facer os noso pelo.
A mochila de...PABLO
Pablo trouxonos:
- Un peluche que é a vaca Pepita e gústalle moito sentala na súa cabeza.
- Pelotas de tenis porque os venres vai xogar a tenis.
- Un bañador porque lle encanta ir a piscina .
- Un ovo de pita porque lle gustan moito as pitas.
Despois escribimos e debuxamos.
Rutinas dos días.Debuxando e escribindo o día que temos.
Libro dos contos (seguimos co conto) este rato é moi listo, como non atopou sitio na praia subeuse a unha xirafa para tomar o sol.
A finais de outubro viñeron facer un mural ao cole e tan pronto acabou saímos velo. Á profe fíxolle moita ilusión que recoñeceran a escritora que aparece na imaxe. Porque si, é Rosalía de Castro. Unha vez que a viron saíulles a eles abrazala. Debe ser que o mural está moi bonito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!