Con motivo das conmemoracións do 20 de novembro do Día do Neno e do 25 de novembro que celebra o Día Contra a Violencia de Xénero,
elaborouse un mural colaborativo de todo o centro.
Dende infantil encargámonos de preparar unhas cunchas en 3 anos, nubes e un sol en 4 anos e gaivotas en 5 anos.
Ademais preparamos en cada clase un barco para navegar como nos textos de "Eu tamén navegar" de Xohana Torres. Neste mural ademais escribíronse palabras e frases relativas ás dúas conmemoracións.
Para o Día Contra a Violencia de Xénero tivemos tamén unha sesión de contacontos e unha actividade musical baseada no conto "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa" de Estela Moreno Bermúdez.
Clase de verde.
E esta semana traballamos os dereitos dos nenos para dar visibilidade ás necesidades dos máis pequenos independentemente do sitio onde nazan.
Tamén fixemos un barco das cores da nosa aula, pintamos de cor verde, laranxa e branco, e puxemos as nosas huellas
e unhas conchas ben coloridas!
Todo listo!!!
Clase de azul.
Preparando as nubes con materiais de refugallo que reservamos para reutilizar en manualidades.
Cos seus debuxos do Día do Neno.
Primeiro falamos da conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero e de que debíamos facer un barco para o mural. Vimos distintos barcos na pantalla e elixiron facer un barco de policía.
Para facelo reutilizamos materiais do lixo que clasificamos na aula. Entre todos foron elixindo os materiais e foron preparándoos.
Tiñamos que escribir algo relacionado coa conmemoración e tras moito debate decoraron un letreiro para o barco que pón: "POLICÍA CONTRA AS VIOLENCIA".
Polo día dos dereitos da infancia, elaboramos estes paxariños por parellas para o mural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!