sábado, 9 de novembro de 2024

ENTRE FOLLAS E CASTAÑAS, MAGOSTO!


Esta semana foi moi especial con saídas á natureza, contacontos, manualidades, magosto e xogos tradicionais!!

O luns levouse a cabo unha recollida de materiais da natureza da nosa contorna. Os nenos e nenas apañaron follas e castañas!








Deixaron todo a secar uns días para poder empregar os materiais para unha manualidade.

Celebramos un contacontos na biblio do cole sobre a horta, as hortalizas e animais relacionados. 

O venres celebramos o MAGOSTO! 
Moitas grazas por colaborar mandando castañas para a celebración!!!!



Logo tivemos unha sesión de XOGOS TRADICIONAIS adaptados! 
En infantil tivemos un equipo cos nenos e nenas de 3 e 4 anos:








E un equipo de 5 anos! 
Pásamolo pipa cos zancos, saltando no saco aínda que moitas veces arrolamos polo chan, rodando coa roda ou coa pelota que pesaba moito, saltando a comba, tirando ós bolos, encestando a castaña na rá e sobre todo tirando pola corda.




Realizamos unha manualidade dun ourizo por ser una animal propio da nosa contorna e en relación ó contacontos realizado o martes. O alumnado empregou as follas e castañas recollidas por eles mesmos anteriormente.

Clase de VERDE
Primeiro picaron o circulo

despois o pegaron na folla xa seca

e así de bonitos quedaron os ourizos
Esta semana tamén experimentaron con plastilina e paos de cores a facer ourizos 

E chegou o día do magosto e fixemos unha manualide cas cores do outono, pegamos un cucurucho de castañas
logo dímoslle cor e fixemos castañas

Clase de AZUL



Clase de VERMELLO








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!