Hoxe visitou a nosa clase a familia de Alma ó completo.
Contáronnos o conto de GRISELA, un ratonciño peculiar.
Cristina, a mamá, empezou a contar o conto pero finalmente Alma tamén lle deu un repasiño final, recordando de que se ia pintando o ratiño.
Despois do conto, fixemos unha manualidade; un marcapáxinas moi divertido. Entre todos tiñamos que colorear un triángulo e dúas formas que semellaban orellas. Alma escolleu as cores coas que podíamos pintar.
Marcos, o papá, e Leo, o irmán de Alma repartiron as cartolinas.
Dándolle cor.
Alma e Leo repartiron as tesoiras.
Unha vez recortado, explicáronnos como tiñamos que doblar e pegar as orellas. Leo e a súa mamá repartiron pompóns para o nariz e Alma ollos e os bigotes.
O papá de Alma axudounos a pegar coa pistola de silicona. Tamén lle puxemos un cordón de cores para o rabiño.
Xa tiñamos listo o noso rato marcapáxinas.
RECORDOS da visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!