Hoxe coñecemos unha profesión na que podemos salvar vidas: a de técnico de ambulancia da man de Sandra, a mamá de Aron.
Sandra entrou pola porta da aula de usos múltipes vestida co seu uniforme. Ten cores moi chamativas.
Coa axuda de Aron descubrimos un pouquiño da súa profesión. Ensinounos ferramentas para poder actuar nunha situación de perigo.
Contamos con un axudante especial, o irmán de Aron, tamén baixou ata a nosa clase. Entre os tres mostraronnos pautas de actuación.
Practicando como temos que poñer as mans. Cantamos a canción de Bob Esponja para coller o ritmo e contar ata 30, despois rotamos cun compañeiro.
Vídeos explicativos:
COMO CHAMAR AO 061
OS NENOS TAMÉN SALVAN VIDAS
SARAY LOITANDO POLO SOÑO DA SÚA VIDA
SUBIMOS AO HELICOPTERO DO 061
Vendo os vídeos
Gracias a vos, foi moi fácil traballar con eses nenos tan cariñosos e implicados, seguro que de ahí sairá algún Técnico en Emerxencias Sanitarias e o mais importante de todo,que ante algúnha situación que se nos poida presentar seipan actuar e darlle unha mínima solución.#Todos podemos salvar vidas#.Gracias
ResponderEliminar