A mochila de...LUCA
Descubrimos os gustos de Luca co seu paxariño chamado Cantarín, un libro do espacio que nos ensinou os diferentes planetas, o sol, a lúa..., a súa super libreta cos seus debuxos e rotus, ata contou cantos rotus traia a caixa.Mirade que lambonciño é, que trouxo un sobre de cola cao e un xogo dun gatiño que se mancou e o curan.
Escribindo e debuxando o que trouxo o noso compi.
A mochila de...ALMA
Alma presentounos a dous unicornios e dixo que deixara na casa, un blanco, que eran da mesma familia.
Non nos sorprendeu a súa libreta de debuxos porque todos sabemos o que lle gusta a Alma debuxar. Ademais, trouxo todo o necesario para ser unha princesa; unha falda e moitas xoias: anel, collar, prendedores, pendentes...
Fai uns días vimos a Uxía toda feliz coa camiseta do Barsa, e esta semana vimos a Alma toda feliz vestida de princesa.
Escribindo e debuxando a mochila de Alma, e como vedes Alma non se esqueceu do nome que dende 3 anos, escribe moitas veces nas súas fichas, o de seu irmán Leo. A mochila de...THIAGO
Descubrimos que a Thiago gústalle xogar o dominó cos seus papás e os avós. Encántalle xogar o taladro (ten máis brocas, non as trouxo todas, solo unha) e xa o sabíamos: gústanlle moito os tractores, trouxo un cunha cisterna e outro cunha apañadora de maíz. Tamén trouxo a BLUEY.
Escribimos e debuxamos. O mércores coñecemos e practicamos a letra T en pequeñita (minúscula) e serviunos moi ben para practicar a t, porque o que trouxo Thiago tiña moitas ts.
A mochila de...VALENTINA
A nosa compi traia na super mochila: dous canciños, (o blanco chámase Marshal) un deles ata tiña osiños que comía e tamén expulsaba (o que causou moita graza). O conto que lle lé Thiago, seu irmán, e un álbum de cromos.
Escribindo e debuxando o que lle gusta a Valentina.
Levabamos dúas semanas que non lle dedicaramos tempo o libro dos contos. Pero aí seguimos coas acuarelas e repasando desta vez letras. Que artistas!
Ata luns peques!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!