Seguindo co programa "Protexe ós animais" que desenvolvemos no centro organizamos un día de achegamento á Protectora de Animais e Plantas de Lugo.
Tivemos a sorte de que Elena (colaboradora voluntaria da protectora) nos
visitara con tres gatiños e dous cans moi educados: Pecas e Jack.
Elena deunos unha charla falando da labor da protectora, dos coidados que precisan gatos e cans. Falounos dos motivos polos que animais como Jack e Pecas acaban nas protectoras e da responsabilidade que supón ter unha mascota.
Logo da charla contou un conto baseado en historias reais para concienciar sobre a importancia de decidir ter una animal como membro da familia.
A visita seguiu cunha mostra de trucos con Pecas e Jack que foi impresionante. Rematamos acariñando ós pequenos visitantes para recompensalos polo ben que se portaron!
Aproveitamos para lembrarvos a todos/as que tedes no cole uns días, ata o próximo luns 15 de abril para, se queredes, traer algunha cousiña que poida mellorar a vida dos animais sen fogar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!