A semana pasada visitounos unha matrona
Viña con moitos recursos e materiais adaptados a idade dos nenos/as utilizando unha linguaxe que poidesen entender.
Faloulles dos seus corpos e como mudan cos anos, que cambios van aparecendo co tempo.
Tamén que os seus corpos son deles e que ninguén ten dereito a tocarlles, que digan sempre que NON.
De comó aparecen os bebés nas barrigas das mamás e como van crecendo co paso dos meses, ademais comparouno co tamaño das froitas e entendémolo moi ben, primeiro son como unha xudía e finalmente como un melón, que xa non se pode mover e teñen que sair.
Samuel C. atendeu a un parto, primeiro preparou o necesario para cando saira o bebé da barriga unha toalla para secalo porque sae como dunha piscina con auga e un gorrito para que non teña frio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!