Visitounos a mamá de TAQWA
Contounas moitas cousas do seu país MARRUECOS,
a súa forma de escribir e de falar é diferente
Toman moito té con pastasGustalles moito reunirse no salón da súa casa para falar e tomar o té
Cociñan a súa comida en recipientes de barro
Desde que nos falaron un pouqiño TAQWA vestiuse para a ocasión e axudou a súa mamá
Primeiro botaron o té feito con plantas naturais como a menta...tense que botar moi alto para que quede espumoso, todos/as o probaron pero non foi moi exitoso.
Despois repartiron as pastas e filloas típicas de MARRUECOS feitas pola mamá de TAQWA, que nos gustaron moitísimo, estaban moi ricas.Para rematar os nenos/as quiseron probar a roupa de MARRUECOS de TAQWA porque estaba preciosa, encantoulles.e para finalizar a mamá de TAQWA escribiu e repartiron os nosos nomes nunha tarxetiña no seu idioma, fíxonos moita ilusión.
MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS, VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!
Antes de irnos ao comedor, TAQWA fixo un repaso de todo o aprendido a mañá coa súa mamá(a bandeira de MARRUECOS, no deserto teñen camellos, como é a súa roupa...)
e para rematar o día bailamos unha canción! Aquí vola deixo a ver se vos soa.https://www.youtube.com/watch?v=C3a9iNNAFAs
Esta semana tamén Noa e Martina de catro anos viñeron a amosarnos unha fermosa bolboreta que atrapara a súa mamá, investigamos e fixemos este traballiño.
Comezamos o libro do horto e xa sabemos moitas cousas
e Leo trouxo un herbario onde nos dixo que a súa flor favorita é a do toxo e así a debuxou
Tamén seguimos reciclando material de escriturae fixemos una experiencia con iogurt e colorante alimenticio, usando para debuxar cousas da NATUREZA.
Pero algúnos tiveron problemas ca cor azul, que non se quería ir das súas mans!!! Foi un alivio ver hoxe que todos tiñas cor pel...que non se convertera ningún en pitufo.
PASADE BOA FINDE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!