Nestas dúas semanas preparamos un gran Grúfalo para xogar! Primeiro pintamos o que necesitábamos. Reutilizamos unha
caixa que tiñamos gardada e pintámola con marrón. Logo pintamos palliñas do leite que non estivemos empregando con violeta para facer as púas do GRÚFALO.Feito isto colocamos facendo repaso dalgúns números e formas.
E por quendas colocaron as pezas facendo correspondencias.
Quedou un Grúfalo xenial!
Logo preparamos uns furados e converteuse nun xogo de "GRÚFALO TRAGA BOLAS"!
Colocamos pola clase a manualidade que fixeron con María e Eli en clase de Plástica plurilingüe.Unha das tarefiñas que acostumamos a facer é a de CAZAS LETRAS. Para isto repasamos cada letra cunha cor que van elixindo. Cada un elixe unha cor e un son/letra e todos temos que buscar esa letra e repasala coa cor elixida. Logo van dicindo palabras que teñan ese son. É unha actividade moi útil coa que repasamos cores, letras, sons e conteo ó comprobar cantas letras hay de cada. Ademais é unha actividade que nos encanta porque saben unha chea de palabras!
Nestes días preparamos unha manualidade de marionetas de DEDO coas personaxes principais do conto do Grúfalo.
Quedaron moi ben!
Tamén continuamos coas láminas dos animaliños que investigamos completándoas con distintas técnicas como sempre.
Por suposto investigamos e recollemos en papel o aprendido da VACA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!