venres, 19 de abril de 2024

Proba ENKI !

Este venres celebramos a carreira ENKI no cole e participou todo o alumnado do centro mesturado. Foi unha actividade moi divertida!
A carreira ENKI é unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade. 

Tamén bailaron!


E remataron cun rato de xogo libre!



Grazas a todos e todas por colaborar e facer posible esta experiencia!


E grazas o equipazo de monitores e monitoras de 4º da ESO!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!