Volvemos das vacacións con moita enerxía! Por fin rematamos o conto do Grúfalo e fixemos as portadas. Quedaron xenial!
Para empregaron témperas e as súas mans. Logo eleximos entre todos cores para puntear as letras e fomos traballando os sons.
Comezamos a traballar nos libros da HORTA! Xa tivemos varias experiencias antes das vacacións plantando semilleiros, facendo crecer as plantiñas e logo pasándoas á horta do cole. Recordamos as experiencias e comezamos a traballar no libro (algo que nos facía moita ilusión!).
Recibimos Unha nova aportación nestes días! Alen Amado sorprendeunos cun dominó de animais chulísimo o que pronto saberán xogar!
Grazas por colaborar!
Seguindo cos animais decidimos que era hora de que a primavera entrara na clase e tras debatir un pouco decidimos facer unha manualidade para ter un móbil de bolboretas!
Pintaron un rollo de papel con pincel. Logo decoraron cos dedos as ás das bolboretas. Para rematar pintaron as cariñas.
Tamén elaboramos flores a modo de mandalas para un mural que estamos a preparar en infantil.
Ademais seguimos reciclando. Na aula temos contenedores separados para plástico, papel e resto. Tamén separamos os tapóns de auga para doar. Fóra da aula, como xa sabedes, temos contenedor de pilas e para material escolar como rotus e bolis.
Recordade que pese a que rematara a recollida Pilabot, no cole dispoñemos de contenedor de reciclaxe de pilas e de bolis, rotus para reciclar.
Tamén tivemos unha actividade especial en relación ó proxecto. Pintura primaveral con iogur! Primeiro mesturamos colorante alimenticio con iogur e fomos descubrindo cores. Logo empregamos os nosos dediños para debuxar sobre papel de plata. Foi un rato moi divertido e entretido!
Aquí os artistas!
E a obra de arte máis de cerca!
Grazas por colaborar e seguiremos con máis novidades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!