venres, 25 de novembro de 2022

CREADORES: ilustradores e ilustradoras! E a casa de Eglefino rematada!


Como xa sabedes, nas últimas semanas estivemos fixándonos nos escritores e escritoras dos contos e nos ilustradores e ilustradoras. Pouco a pouco fomos buscandoos ó tempo que íamos contando os contos e esta semana centrámonos nalgúns deles e nas técnicas básicas que atopamos.


Así, nestes días investigamos, experimentamos, e plasmamos en papel sobre 4 deles.


Olga de Dios (País Vasco, España), ilustradora española que fai ilustracións con ceras Manley. Vímola no conto de "Monstruo azul" que nos contaron en clase  e sae nunha chea máis que atopamos por internet e nalgúns que tiñamos no cole.

Visitamos a súa páxina web na que atopamos cousas chulísimas con cores moi rechamantes!
Vimos un vídeo no que falaba de como ela acostuma a empregar as ceras Manley nas súas creacións.

En papel puxemos en práctica o uso de ceras Manley pintando, mesturando cos dedos e experimentando moito!


Quedaron uns monstruos moi chulis!



Achegámonos ó ilustradores ingleses EH Sheard, creador de Winnie de Pooh, e a Beatrix Potter, creadora das historias de Peter Rabbit, do que ata saiu hai poucos anos unha película de animación. Estes dous ilustradores empregan acuarelas e con elas experimentamos tamén nunha primeira aproximación este curso.

Deixamos un vídeo relacionados con cada un deles e que vimos  e comentamos na aula.


Experimentamos coas acuarelas pintando un debuxo de Shepard. Empregamos acuarelas  e por quendas pinceis normais e pinceis de auga.

Déuselles moi ben!

Tamén coñecemos a Leo Lioni  (Países Baixos) e a Anna Llenas (Cataluña, España), dous ilustradores que empregan a técnica do collage.


A primeira obra de Leo Lioni comezou para entreter ós seus netos nunha viaxe en tren e para isto cortou dous círculos dunha revista e comezou  a inventar unha historia. Esta historia que inventou converteuse logo no seu libro "Pequeño azul, pequeño amarillo".

Aquí o conto de "Pequeño azul y pequeño amarillo" de Leo Lionni.


Anna Llenas é a ilustradora de moitos libros que coñecemos como o "Monstro de cores", "Te quiero casi siempre", "Topito terremoto"...


Observada a súa obra puxemos en práctica un mini collage de proba.


Aquí un conto collage animado que ela mesma publicou.


Examinamos algúns dos libros de Ana Llenas par ver qué empregaba nos seus collages.

Logo experientamos en papel creando collages reutilizando papeis de clase.

Quedaron expectaculares!

E como xa sabedes seguimos traballando en papel lecto, lóxica - matemática entre outras cousas. Aquí por exemplo traballando cores, atención, descripcións, conceptos básicos de localización espacial, tamaños,  e un longo etc.



Ant Parker (Inglaterra) é un ilustrador que tamén apareceu na clase noutros cursos por ser creador das ilustracións de "El pollo Pepe" ou "La cerdita Clea"e que xunto a Óscar Villán (Galicia, España) que ilustrou "Cocodrilo", Coelliño Branco" e "La cebra Camila" acostuman a perfilar os seus debuxos para que resalten todos os seus detalles. 

Nesta ocasión como xa tiñamos moitos dos libros na clase comezamos fixándonos nas ilustracións.
Logo puxemos a experiencia en práctica facendo debuxos sinxelos con lapiz, pitándoos e logo perfilándoo co rotu negro e menuda diferencia! Quedaron moi claros e chulos!


Quedaron xenial e con detalles moi claros!

Tamén rematamos as marionetas dos contos. Agora que as temos rematadas, que xa vimos algunhas técnicas para facer ilustracións e xa as experimentamos,comezaremos a poñelas en práctica para crear fondos nos que mover as marionetas.


E nesta semana Martín e Adam léronnos un mini conto cada un e sacamos esta foto hoxe de recordo!


Tamén rematamos todo o que propuxeran na chuvia de ideas inicial para crear a casa de Eglefino. 
Así, primeiro pedimoslle a Javi unha caixa de folios para reutilizala e convertela en casa. Recortamos e pintamos un montón para preparar a estrutura da casa.


 Logo, como falaron de que Eglefino coidara do medioambiente reciclando falamos de facer unha caa que coidara da contorna e puxemoslle luz no interior cunha placa solar e unha mini bombilla. Eles mesmos discurriron como facelo e creamos unha pestaña que se sube e baixa para cargar a batería e que brille a bombilla.

Como queremos que recicle, repasamos un pouco sobre os contenedores e a reciclaxe. Logo pintamos os contenedores e agora temos un xogo para que Eglefino recicle e ir quedándonos co que vai en cada contenedor.

Esta casiña sostible quedou xenial, Eglefino xa ten un fogar!


Para a semana máis, grazas a todos e todas por colaborar!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!