martes, 22 de novembro de 2022

CREADORES: Bos e malos de conto!

Nestes días continuamos coas personaxes de contos, pero esta vez fixámonos en como son por dentro: son bos? malos? É algo do que

vimos falando o longo deste proxecto e que xa levou a debates interesantes na clase.Vimos un vídeo curtiño clásico de "Los tres cerditos" y "Los tres lobitos" comparamos as historias. Puxémonos no lugar dos porquiños e dos lobos.

Así, fixemos varios debates a raíz dos vídeos e dos contos de clase e outros coñecidos.

Para ver outra cara dos personaxes "malos" e seguir co debate visionamos o conto-canción de "Lobo feroz". Tan malo era este lobo?  Era o malo da historia? Que pasa co que fan co lobo? Que pasa noutros contos que coñecemos? E na vida real isto tamén ocorre? Falamos sobre conflitos que xurden a veces nos patios ou en clase, en se hai malos ou malos entendidos e equivocacións... E no importante de falar nou pedir axuda cando ocorre un problema para solucionalo con palabras e cariño.


Aproveitamos para traballar a xestión emocional unha vez máis. Como xestionamos os nosos problemas? Como nos calmamos?
Recordamos e continuamos empregando as estratexias que xa coñecemos e sobre todo a importancia de decilo cando estamos molestos, enfadados, tristes, etc. A importancia de escoitar atentos o que nos din e reaccionar adecuadamente, de pedir axuda a amigos e profes se o necesitamos, de parar cando o piden, de tentar relaxarnos e falar se nos enfadamos, de relaxarnos, e un longo etcétera que vimos practicando dende 3 anos.


Retomamos os contos vistos na aula para darlles unha volta ós problemas de cada conto e outras formas de podelos solucionar. Ocorréronselles ideas fabulosas sobre como resolver os conflitos dos contos!
E por suposto seguimos o traballo en papel. Cando decidimos que lobos íamosdebuxar fixámonos nas ilustación e en como os debuxantes fan os debuxos das caras para que se vexan como bos ou malos e imitamos os xestos característicos.

Tamén collemos como exemplo o conto de carrapuchiña para falar dos contacontos e seguir co debade dos bos e malos. Como o coñecemos moi ben aproveitamos para volver deseñalo cunha carrapuchiña que lle fai caso os seus pais e un lobo que non tenta comer e enganar a ninguén polo bosque. Logo xogamos coas marionetas do conto. E por último creamos historias alternativas cos personaxes deste conto. Así naceron lobos bos amigos do leñedor, avoiñas malas, carrapuchiñas argalleiras... 



A pasada semana tivemos dúas colaboracións máis! Adriana e Enzo sorprendéronos con 2 manualidades xeniais de personaxes de contos.
Adriana mostrou e explicou que fixera ó Gato Lambón coa axuda da súa familia e usaran gomaeva laranxa, de estrelas para o babeiro e con brillantina para a parte traseira. Para empregala de parioneta puxéronlle uns pauiños e xa a temos no recanto dos creadores!
Enzo explicounos que fixera a taciña Chip coa axuda da súa familia, do conto de  "A Bella e a Besta". Contou que reutilizara un bote de plástico e a súa tapa, que pintara con amarelo , negro e azul. Gustou moito e xa a temos no recando do proxecto!


Ademais tivemos sesión de contacontos con Xoel e a súa nai que nos contaron o conto de "El monstruo más feo deo mundo"

Foi un conto moi chulo que nos gustou moito! Agora xa coñecemos ós personaxes das marionetas que nos presentou Xoel!
Grazas por participar na actividade!
Como é costume plasmamos todo en papel!

Deixamos tamén o xogo de "Quien es quien?" ó que xogamos anteriormente para que o poidades empregar na casa (premer aquí para acceder).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!