venres, 4 de novembro de 2022

REMATAMOS O PROXECTO DAS CORES!

 

 Esta semana foi cortiña pero traballamos un montón. Probamos novas mezclas coas cores brancas e negras. Que pasaría?
Esta semana o conto das cores non o contou a profe, contárono os nenos entre todos. 
Traballamos a cor branca.

Mezclando o branco coas cores que xa sabemos: laranxa, verde, rosa, azul, vermella, amarela e violeta.
Unha vez que mesturamos todo ben, fixemos trazos no noso mural: raias e círculos.
Resultado:
O xoves fixemos algo parecido ao mércores solo que desta vez empregamos a cor NEGRA.
Mezclando coas cores que xa coñecemos:
Facendo artistadas no papel continuo:
Colgamos os dous murais no noso corcho e podemos observar a diferencia, cal nos quedou máis oscuro e cal máis branco!

O venres aprendemos dúas formas diferentes para chamarlles os nosos dedos. Primeiro xogamos con unha canción:

Despois pintámolos con témpera de cores cada un dos nosos dedos:
Rematamos este proxecto; XOGANDO!!!!
O libro remata decíndonos que unha vez que xa vimos todas as cores tócanos miralas, mezclalas, descubrilas e xogar con elas para divertirnos moito.
A semana pasada dixemos que estabamos facendo unha artistada relacionada con este proxecto que ia ser unha sorpresa...esperamos poder rematala prontiño para que a vexades todos/as. 

Para a vindeira semana comezamos NOVO PROXECTO: CREADORES!! 
Os nenos decoraron as cartas que levan hoxe para a casa por se queredes colaborar connosco e aprender todos xuntos sobre os contos. Estamos abertos a calquera aportación. Graciñas. Un exemplo dunha carta:

Sonrisa de venres!!! Boa fin de semana. Ata luns!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!