domingo, 13 de novembro de 2022

MAGOSTO!

O venres 11 de novembro baixamos a carballeira de San Paio en Sistallo para comer castañas. Elaboramos unhas castañas moi molonas para festexar o magosto e pásamolo moi ben.

CLASE de VERMELLO

Primeiro, pintamos a castaña con cores marróns de diferentes tonos.

Despois intentamos doblar polas raias para facerlle as perniñas a nosa castaña.
Quedaron chulísimas!
Foto antes de baixar ao magosto!

CLASE de VERDE

Primeiro picamos as castañas, despoís o culete onde lles puxemos o nome, logo recortamos as pernas e as doblamos, eleximos a cor de pestañas favorita e listas para lucir o día do magosto!!!




CLASE de AZUL

Na clase de azul cortaron as distintas partes das castañas, logo fixeron as dobreces das patiñas e pegáronas montando unhas supercastañas! Para poñelas chulas escribiron os seus nomes con prateado, puxeron sorrisiños brilantes e as profes engadiron un par de detalles con xel de brillantina das cores que elixiu cada neno e nena. quedaron moi ben!

Aquí podedes ver ós artistas!

Por último, deixamos un vídeo resumo do día de Magosto. Levábamos días vixiando as previsións do tempo e tivemos a sorte de poder levar a cabo esta actividade con todo o alumnado do centro.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración neste día tan especial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!