sábado, 12 de novembro de 2022

CREADORES! Profundizando nas personaxes.


Partindo do traballado  sobre as personaxes continuamos profundizando nas súas características. 
Centrámonos endescricións de apariencia. Describimos a compis e logo monstruítos por parellas e a adiviñar!


Para seguir traballando estes contidos xogamos o "Quen e quen?" real por equipos cos nenos e nenas da clase. Foi estupendo e divertímonos xuntos xerando estratexias e chegando a acordos de grupo.
Logo xogamos na pantalla a adiviñar a personaxe e déusenos bastante ben! 

Nestos días leunos o seu conto Teo e fíxoo moi ben! Contounos o conto: "Los tres cerditos".
É un conto que lles gusta moito e nesta ocasión atopamos algúns cambios respecto ó conto que xa coñecíamos.

Logo plasmámolo en papel e seguimos coas prácticas habituais doutros contidos.

Tamén participou amosándonos o seu conto de "Cars" Adam! Gustou moito e introduciu novos detalles dos contos. Tamén recordamos como as personaxes dos contos tamén poden ser obxectos ademais de persoas ou animais ou seres imaxinarios.

Logo traballaron en papel.

Lucía Río contounos tamén o seu conto e fíxoo xenial! O conto "Monstruo azul" serviunos para reflexionar sobre como tratamos os compañeiros e a contorna. Tamén sobr como solucionamos os conflitos e como nos comunicamos.
Recollemos as ideas principais en papel e practicamos en papel.

Aarón participou co seu conto "Camuñas" e contouno xenial ó compis. Así este conto veunos xenial tras o Samaín o ser un conto moi relacionado.  Con este conto de "medo" acabamos rindo en moitas ocasións e pasámolo moi ben!

Puidemos trasladalo a papel unha vez máis e traballar os contidos que nos tocan.

Tamén fomos facendo as marionetas destes contos, pero aínda as estamos rematando, polo que as veredes a próxima semana.


En relación os contos sorprendéronnos XoelMartín e Lucía Río cunhas manualidades chulísimasrelacionadas cos seus contos!
Xoel contounos que as fixera reutilizando rollos de papel, tapóns de botellas, ollos que se moven, plumas, e pintura! Son uns monstruiños preciosos dos que pronto saberemos máis!
Martín explicounos que a fixeron  reutilizando unha botella verde, gomas e unha cartolina tamñen verde. Ademáis fíxolle unha cara moi simpática! Xa forma parta do recanto Creadores de contos.
Lucía Río amosounos o seu mostro azul que realizaron con papel, la azul e laranxa e ollos co pálpebras azuis. Explicou que o podiamos mover e tamén nos encantou!
Moitas grazas por seguir enriquecendo o noso recanto e imaxinación!

Na clase seguimos traballando para darlle un fogar a Eglefino e estivemos traballando na súa casiña. Pronto a amosaremos, pero temos que rematar cuns cantos detalles que lle temos preparados e que requiren máis traballo. Polo momento o boneco Eglefino xa ten onde durmir e acostuma a compartir a súa casa cos bonequiños que foron chegando a clase e cos que xogamos moito!

Ademais seguimos traballando sobre os tipos de personaxes: reais e imaxinarios. Fixámonos nas súas descricións e características. Repasamos os contos que contamos e falamos de cales poderían existir e cales non. Logo xogamos a adiviñar personaxes na pizarra.


 

Rematamos a semana, entre outras cousas, xogando cos Escornabots e levando a Eglefino entre personaxes de contos. En cada grupo os xogadores elixían a onde iría Eglefino e tentaban darlle ordes para chegar a personaxe desexada. Tras uns cambios de pilas fomos facendo intentos e a cousa non empezo mal. Segiremos practicando nas seguintes semanas!

A próxima semana máis cousas nas que estamos a traballar,  moitas grazas por colaborar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!