mércores, 26 de novembro de 2025

Obradoiro invernal coa profe Sara!


O pasado martes tivemos un obradoiro especial coa profe Sara!

Os nenos e nenas de infantil dividímonos en dúas quendas para elaborar pegatinas invernais chulísimas e así prepararnos para a próxima estación.

Aproveitando que novembro é o mes da ciencia, convertimos a aula nun pequeno laboratorio creativo: mesturamos cola, pintura e un chisco de xabón, observando como cada ingrediente transformaba a mestura.


Coa pasta xa lista, pintamos sobre siluetas de copos, árbores e outros tesouros do inverno, deixando que as cores e as texturas fosen aparecendo coma se xurdiran do propio frío. As nosas mans, curiosas e cheas de ganas, convertéronse en ferramentas perfectas para experimentar, probar e inventar.

Ademáis colaboraron compis de 2º de primaria!

O resultado? Un feixe de pegatinas cheas de luz, cor e maxia invernal… e a sensación de que cando aprendemos xogando, todo é máis emocionante.

Mesturamos a mezcla
Pintamos
Despois de secar as puxemos nas ventas para que os veciños de segundo as poidan ver
Tres e cinco anos todos xuntos

Quedou todo a secar e en 3 anos puxeron decoración extra!

Xuntámonos para decidir como decorar as fiestras.



Xa temos decoración invernal!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!