Momentos da asamblea desta semana:
O día de samaín entre todos axudamoslle a Uxía a buscar todas as súas letras e conseguímolo!!!
Traballando a cor AZUL.
O noso lobo lobito meteuse na bañeira coa auga moi fría. Pasou tanto frío que cando saíu e se mirou o espello dixo: BRRR, o azul dame moi mal aspecto.
Estos días vemos pouquiño o sol por iso decidimos facer unhas nubes azuis. As nubes poden ser azuis ou brancas pero tamén escuras cando se acerca unha gran tormenta. Primeiro pintamos coa témpera sólida de cor azul a nube.
Con acuarelas azuis de diferentes tonos damoslle cor a uns algodóns.
Deixamolos secar.
Pegando os algodóns azuis encima das nubes.
Vaia nubes tan chulis e amorosiñas.
Que nos trouxo esta samana a mesa tuff tray? BOOOOO un fantasma cunhas luces de arañas.
Tiñamos que facer nós fantasmiñas pequeniños.
Contamos un contiño dun fantasma. Que ben o pasamos escoitando a historia de Gustavo.
Actividade divertida: OS ESQUELETOS DAS NOSAS MANS
Vaia se o pasamos ben o mércores, a profe cerrou as persianas. Colleu uns rotus e púxose a pintarnos as mans. Cando rematou encendeu unha lanterna e guauuuuuu os esqueletos das nosas mans. Perdoade que as fotos vense algo borrosas pero foi tanta a emoción que quedaron abraiados.
O samaín tamén chegou a cociña do cole, que o mércores tíñamos mandarinas terroríficas, ou eran cabazas?
Visitando a exposición coas aportacións de todos os nosos compañeiros.
Manualidade do outono: CORTINA DE CASTAÑAS E FOLLAS
Coa axuda da profe María secre estampamos a nosa man para facer unha folla.
Pintando unha castaña.
Que ben pintan estes peques!Outra decoración máis na nosa clase:
Boa ponte peques! Vémonos martes
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!