xoves, 27 de novembro de 2025

MÚSICA HIP-HOP: CATRO ANOS

 

 A cultura hip hop, inclúe música, baile, arte e unha forma de expresión propia da mocidade.

A música hip hop caracterízase por:

O rap: é a parte vocal, onde a persoa canta ou fala seguindo un ritmo, xogando coas palabras, rimas e mensaxes.

O beat: é a base instrumental, feita con sons repetidos, ritmos fortes e efectos creados por DJs ou produtores.

O ritmo é moi importante: as cancións teñen un pulso marcado, que invita a moverse.

Estas semanas puidemos gozar nos corredores dunha  exposición de cogomelos, onde descubrimos a súa diversidade de formas, cores e tamaños.


Aprovitamos para facer o noso cogomelo con diferentes trazos

O hip hop e o grafiti son dúas voces dun mesmo corpo cultural. Un soa polos altofalantes; o outro fala desde as paredes. E xuntos crean unha paisaxe onde a cidade deixa de ser só pedra e tráfico, e convértese nun escenario cheo de pulso e cor.
Primeiro pintamos o noso nome
despois decoramos co pincel

ICÍA trouxo un piano que sonaba cando o pisamos, investigamos e exploramos todos os seus sonidos.
XIANA F trouxo o seu conto preferido, que ben o contou!

ANTÓN trouxo un pao de choiva, explicounos como o fixo coa súa familia e despois o probamos




LOLA trouxo unhas castañolas e intentamos facelas soar


O HIP HOP fainos bailar


e para poder bailar ben fixemos unha gorras coa nosa inicial
recortamos 
fixemos a bisera
decoramos coas pegatinas
e mirade que ben quedaron!!!

Agora xa estabamos listos para bailar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!