Puxemos varias cancións como a de "Se buscan valientes" de Langui.
Por esta canción lemos o conto de Isabel Allende de "Perla la súper perrita" e que tamén trata a violencia escolar. Así aproveitamos para traballar a xestión de conflitos.
Logo vimos algúns elementos característicos deste estilo musical, como o micro, o teclado, a caixa de ritmos e vimos varios vídeos sobre a técnica beatboxing. Experimentaron sobre esta técnica, pero é moi difícil!
A profe Mel prestounos un libro que tiña na aula e gustou moito.
O mellor sempre escoitar música diferente e bailar!
Nesta ocasión preparamos gorras de auténticos rapeiros e rapeiras! Cortaron as pezas e prepararon a primeira letra do seu nome decorar.
... e con moita personalidade!
Alen Rábade chegou cun Acordeón chulísimo. Presentouno e aproveitamos para velo en acción, xa que varios non coñecían este instrumento musical.
Continuamos coas minúsculas e mates...
E rematamos as decoración para a planta que trouxemos para clase fai unhas semanas!
Como puidestes ver en entradas anteriores, recollemos materiais de outono, falamos do deseño e puxéronse mans á obra durante moitos días.
Así, fixeron unha fada e un trasgo para a nosa planta Kalanchoe
Xa decora o noso recanto de arte.



















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!