Na clase vermella en novembro toca felicitar a Jad.
sábado, 29 de novembro de 2025
venres, 28 de novembro de 2025
Cumples de novembro na clase azul!
xoves, 27 de novembro de 2025
MÚSICA HIP-HOP: CATRO ANOS
A cultura hip hop, inclúe música, baile, arte e unha forma de expresión propia da mocidade.
A música hip hop caracterízase por:
O rap: é a parte vocal, onde a persoa canta ou fala seguindo un ritmo, xogando coas palabras, rimas e mensaxes.
O beat: é a base instrumental, feita con sons repetidos, ritmos fortes e efectos creados por DJs ou produtores.
O ritmo é moi importante: as cancións teñen un pulso marcado, que invita a moverse.
mércores, 26 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
25N con " As fillas de Casandra"
sábado, 22 de novembro de 2025
CANCIÓN DE OUTONO CO ALUMNADO DA ESO
Dentro do noso proxecto do outono e para conmemorar a festividade de Santa Cecilia, patroa das persoas músicas, xuntámonos na nosa biblioteca o alumnado de Infantil e o de 4º da ESO da asignatura de Música para cantar unha canción. O resultado foi unha interpretación fermosa, chea de ilusión, creatividade e emoción.
venres, 21 de novembro de 2025
Batidos saudables para conmemorar o día do nen@!
Esta semana, para conmemorar o 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, e no marco do programa Nutriescolas, o alumnado de Infantil elaborou deliciosos batidos saudables. Con esta actividade celebramos e poñemos en valor o dereito a unha alimentación equilibrada e a desfrutar dunha boa saúde, aprendendo ao mesmo tempo a coidar do noso corpo de maneira divertida e consciente.
venres, 14 de novembro de 2025
MÚSICA POP: CATRO ANOS
Esta semana a comezamos con música POP
A música pop é un xénero musical moderno que procura chegar a un público amplo.
Características principais da música pop:
-
Melodías sinxelas e pegadizas, fáciles de lembrar.
-
Ritmo marcado, que invita a cantar ou bailar.
-
Letras sinxelas, que falan de sentimentos, amizade, emocións ou temas cotiáns.
-
Duración curta, normalmente entre 2 e 4 minutos.
-
Moita presenza de instrumentos electrónicos
A música pop é unha música fácil de escoitar, divertida e moi presente nos medios, ideal para todos os públicos.
CUMPLES DE OUTUBRO e NOVEMBRO: ANTÓN, MARTIÑO E ÁUREO
Estes meses cumpliron anos ANTÓN, MARTIÑO e ÁUREO este ano cada cumpleañero trae cousiñas importantes para él, contanos porque o son e todos facemos un debuxo do cumpleañero.
Esta semana traballamos a cor MARRÓN!
Música Pop!
mércores, 12 de novembro de 2025
Simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO na biblioteca
Traballando as simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO con todo o alumnado de infantil.
Para conmemorar o Mes da Ciencia nas Bibliotecas, realizamos unha actividade moi especial sobre as simetrías. Primeiro, coa axuda dos maiores, botamos pintura sobre unha metade do papel. Despois, dobramos con coidado... e maxia! Apareceron formas e cores simétricas sorprendentes.
Deixamos que as obras secasen ben, e finalmente recortamos as figuras para darlles o toque final. O resultado foron creacións artísticas cheas de cor e simetría, froito da colaboración, da curiosidade e do gusto pola ciencia e pola arte.
venres, 7 de novembro de 2025
Esta semana traballamos o laranxa!
MUSICA FOLK e JAZZ: CATRO ANOS
Estas semanas traballamos a música folk (ou música tradicional) é un tipo de música que nace das tradicións populares dun pobo ou rexión. Normalmente transmítese oralmente, de xeración en xeración, e reflicte a vida, as costumes e as emocións da xente común: o traballo, as festas, o amor, a natureza, etc.
Instrumentos típicos da música folk
Dependen moito da rexión, pero algúns comúns son:
-
Galicia: gaita, tamboril, pandeireta; muiñeiras, alboradas, foliadas.
A música folk segue viva! Moitos aristas modernos mesturan o folk con outros estilos (pop, rock, electrónica), creando o chamado folk moderno.
.gif)








