Esta semana estivemos moi enredados traballando sobre a semana da prensa, o día da muller e plantando os frutais. Tamén recibimos a visita de Vanesa, Verónica e Montse que viñeron facer unha manualidade con todos nós.
Comezamos a semana con aportacións das casas. Moitísimas grazas.
Lucas trouxonos unha cámara de vídeo nas que hai imaxes moi chulas e un canciño.
Noa este finde fixo un floreiro que é un moucho, xa temos onde poñer as nosas flores.
Con Martina o luns saboreamos.....umm que rico estaba o mel da súa avoa. Tamén fixo unhas abellas moi chulis.
Rico, rico...
O martes volvemos a ter máis materiais, Thiago trouxonos un conto que contaremos nuns días.
Noa trouxo un ramiño de flores variadas que puxemos no floreiro que nos trouxo onte decorado de moucho.
Lucas séguenos traendo vacas.
Héctor trouxo dúas camelias, unha branca e outra vermella. Unha estaba aberta e a outra aínda é un capullo.
Alma trouxonos dúas folliñas de hedra.
O mércores Alma chegou con unha flor que se converte no que todos coñecemos como dente de león.
Noa trouxo libros de pegatinas das estacións.
A Luca fixémolo pensar cos seus osos, porque preguntámoslle onde os podíamos ver. Trouxo mamá e fillo oso.
Investigamos sobre as hedras, Martina abreu o seu bote para que ulisen e tocasen.
Quedaron uns debuxos estupendos.
Alma o luns tamén trouxo unhas folliñas de hedra que empregamos para debuxalas mellor.
O xoves Noa chegou con un conto e con unhas folliñas de acivro.
Luca trouxo a Chispas disfrazado.
Martina trouxo un cabalo, como os que ten na casa. Ten dous.
O noso recanto do proxecto estase a encher de moitos animais.
VISITA DO VENRES
As mamás de Luca, Lucas e Uxía visitaron o noso cole para facer unha manualidade moi primaveral. Entre todos fixemos unha flor moi chuli.
Os nenos repartiron os pauíños para os compis.
As mamás repartiron cachiños de plasti para facer unha boliña moi redondiña.
Déronlles 4 círculos de papel de cociña que decoraron con rostus de cores, para que a nosa flor quede ben vistosa.
Explicáronnos como tiñamos que poñer os pétalos coa axuda do pauíño.
Para rematar, botaron un flis flis de colonia de Pepa Pig para que se mesturen as cores e quede perfumada.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA, pásamolo moi ben. Volvede cando queirades porque nos gusta moito que veñades pasar un ratiño con nós.
Quedaron moi fermosas, coloridas e perfumadas!
O venres tivemos máis aportacións das familias, Alma trouxonos un conto de animais da granxa e un burriño. Noa e Martina trouxeronnos máis aportacións que veremos para a vindeira semana.
Esta semana, fixemos moitas actividades, traballamos a semana da prensa, o día da muller (que veredes nas vindeiras publicacións) e tamén comezamos a darlle visibilidade ao espazo verde que queremos crear no cole.
Plantamos frutais, na nosa clase plantamos o albaricoqueiro.
Fixemos uns debuxos moi chulis desa experencia!
Ata luns peques! Bo fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!