sábado, 23 de marzo de 2024

NATUREZA: Partes, plantas e outras investigacións!


Unha semana máis traballamos os animais. Nesta ocasión centrámonos sobre todo nas partes do corpo, características e vocabulario relacionado con cada parte repasando e ampliando o visto ata o momento: orellas, colmillos, cornos, fuciño, garras, rabo, lombo, púas, etc. Ó mesmo tempo repasamos cores, números, formas, ...
Como empregamos o conto do Grúfalo de motivación fixemos unha composición das partes da súa cabeza con distintas formas, ognanizando, pintando, pegando, ...
Con dados fixemos unha composición dun monstro peor co Grúfalo empregando varios dados cos que repasamos cores, conteo/cantidade, formas...
  A través do conto tamén practicamos series.
Como traballamos con pintura fluorescente empregamos luz  negra para facela brilar e logo xogar un pouco!

Fixemos un crebacabezas do conto empregando tesoiras e pegamento. Cada vez dásenos mellor!
Continuamos traballando o nosos conto do Grúfalo.

Rematamos o conto facendo unha ruleta para contar o conto sós!

Esforzáronse moito nos detalles e quedaron xenais!
Moi orgullosos do seu traballo!
Ademais de traballar no conto do Grúfalo traballaron sobre algúns animais investigando e fixándose moito nos detalles!
Aproveitamos que Noa de 4 anos nos amosou unha BOLBORETA que capturaron na casa para observala e logo investigar. era fermosa!

Por suposto unha das favoritas a XOANIÑA!
Deixamos un vídeo que nos gustou especialmente da XOANIÑA e da BOLBORETA!

Como xa vistes nestos días tamén traballamos sobre o coidado da natureza a través da activista medioambiental Greta Thunberg á que homenaxeamos no Día das Mulleres.
Fixémolo a través do contacontos de "Greta y los gigantes".

Vídeo do conto "GRETA Y LOS GIGANTES"


Busca de información e un XOGOde repaso na pantalla dixital co que gañamos a nosa identificación de activista medioambiental.


Seguimos adicando momentiños a coidandar das nosas plantiñas!
E, como xa vos meostramos o xoves plantamos os nosos calabacíns.

Ó coidado das plantas e ó reciclaxe na aula tamén estamos moi contentos de que participedes na recollida de pilas e material escolar de refugallo!
RAYAN trouxo algo máis para investigar, unh MARGARIDA! Dentro de pouco, á volta de vacacións, retomaremos esta e outras investigacións pendentes relacionadas coas plantas e a horta.


Para rematar déixovos aquí  a  ASEMBLEA de inverno que empregamos neste 2º trimestre! (Clic no enlace ou na imaxe para abrir)

GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!