luns, 11 de marzo de 2024

Semana da Prensa e Dia das Mulleres.

 Entre o 4 e o 8 de marzo de 2024 conmemoramos a Semana da Prensa e o Día das Mulleres. Para estas celebracións Comezamos cunha sesión de contacontos na biblioteca. Nesta ocasión lemos o conto "GRETA Y LOS GIGANTES"  que conta a historia

da activista medioambiental GRETA THUNBERG. Unha nena que reinvindica as accións polo cambio climático e o coidado na natureza.

Repasamos todas as cousas que podemos facer cada un de nós para levar a cabo accións que contribúan ó coidado do planeta ó igual que GRETA !

Aquí na sesión de contacontos!

A diario nas aulas de infantil reciclamos, reutilizamos o que podemos, coidamos as plantiñas da clase e que pronto estarán a na horta e estudamos animais da contorna e como podemos colaborar para que vivan felices nunha contorna limpa. Para repasar sobre Greta Thunberg e todo o que xa sabemos  xogamos para gañar a nosa identificación de activista medioambiental!


CLASE AZUL

Xa na aula repasamos o visto no contacontos.

Buscamos algo de nova información, imaxes...
Preparamos un recordo da noticia da actividade realizada.
Traballaron moi duro!


Colgamos os traballiños para decorar e lembrar lebalos para casa.

Participamos no xogo de achegamento a Greta Thunberg.

Preparamos as identificacións de activistas medioambientais!



CAMISETAS POLO 8M


CLASE VERMELLA

Despois do conto traballamos sobre o genially de Greta.
Axudandolle a separar a basura no contedor correspondente.
Limpamos as paisaxes naturais para que podan vivir os animais.
Fixemos unha noticia pola semana da prensa sobre Greta.
Fixemos un carné de expertos ambientais. Porque nós coidamos o noso medio.


CAMISETAS POLO 8M
Pintando de cor violeta a camiseta.Recortandoas
Despois dun pequeno debate sobre o día da muller cada neno/a elaborarou elementos significativos para poñer nela.




CLASE VERDE

Xa coñecemos un pouco mellor a GRETA despois de escoitar o conto e ver algún vídeo sobre como se converteu en activista medio ambiental.


Tamén fixemos algún xogo de reciclaxe para poder conseguir os carnet de activistas polo medio


CAMISETAS POLO 8M
Polo 8M a proposta deste ano foi tender camisetas, relacionado coa temática do téxtil que estamos a traballar o profesorado do centro.
Primeiro dímoslles cor movendo unhas boliñas con pintura violeta nunha caixa
Despois recortamolas
Fixemos un debuxo dunha nena, muller(sen cara porque pode ser calquera MULLER) e a pegamos no centro da camiseta
Finalmente entre todos búscamos palabras que representaran a importancia deste día e despois un por un elexiu unha e entre todos axudámoslle a escribila na camiseta.

E así nos quedaron!!!

BÚSCANDO AS NOSAS CAMISETAS NO TENDAL







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!