venres, 8 de marzo de 2024

CREANDO A ZONA VERDE DO COLEXIO!!!

 

Esta semana o alumnado de infantil comeza a facer visible a zona verde que queremos crear no patio, dentro do programa Voz Natura. 

PLANTAMOS FRUTAIS

Primeiro atendemos as explicacións do que íbamos facer.


Cada clase tiña unha árbore distinta para plantar.



E así comezamos... botando a terra, despois pisandoa e finalmente regando.

Os de tres anos a framboesa,

os de catro anos o albaricoqueiro

e os de cinco unha pereira.
Cando chegamos a clase plasmamos en papel as nosas vivencias.


Toca coidalos moito para saborear nun futuro os seus froitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!