domingo, 3 de marzo de 2024

RETOMAMOS O CONTO GRÚFALO

 


Esta semana retomamos o conto do GRÚFALO










Seguimos a traballar co conto do GRÚFALO, as súas partes


Os animais que aparecen no conto e debuxamos ata 9 animais diferentes dos que temos no recuncho


Aprendemos a facer encrucillados cos nomes dos animais que aparecen no conto, e gustounos!

e para rematar a semana, PINCEL que nos relaxa e gusta moito
Tamén vimos os contos que chegaron das casas, LUCAS trouxo un conto con sonidos que nos gustan moito de animais do entorno.

SAMUEL trouxo dos contos un de uns coellos moi valentes, eran BOMBEIROS e outro dun cervo que visitaba os animais do bosque.

Tamén SARA trouxo moitas froitas que temos que investigar que ainda que son coñecidas sempre aprendemos moitas cousas delas.

E máis vacas para o recuncho, que xa temos unha boa manada de gando vacún.

Tamén comezamos coa letra "d" e xa casi a temos!!!


Seguimos reciclando material de escritura e agora tamén pilas

As nosas plantas seguen a medrar para levalas ao horto este mes, mirade que bonitas están!

E recordade que os VENRES teñen que traer a bolsa verde co conto para facer o préstamo na biblioteca

PARA A SEMANA MÁIS COUSAS, BO FINDE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!