Comezamos novo trimestre e con el novo proxecto onde relacionaremos os coidados da natureza, dos animais da contorna e a alimentación saudable.
Xa chegaron a clase algunhas cousiñas
E comezamos a traballar co moucho que salía no conto do GRUFALO, aprendemos que son aves nocturnas, carnívoras, que voan...
Esta semana tivemos a visita da mamá de ZOE que nos veu contar o conto de MARCELINA NA COCIÑA, onde fixo unha receta cuns ingredintes un pouco raros e ao final explotou a receita e así deixou a cociña.
escoitamos o conto con moita atención
despois decidimos facer unha receita saudable, asi que con folletos de supermecado, reciclando eleximos os máis saudables e os pegamos na pota, ainda cas veces escapabase algún non moi saudable como o chocolate, pizza, salchichas...
Recortando e pegando coa axuda de Rosana
e así de ben remataron as nosas comidas
Pasamolo xenial, moitas grazas ROSANA!!
Recordade que seguemos a reciclar material de escrituraTamén nestes días contamos o conto titulado A CUADRILLA DOS 11
Cando o invitaron a unirse a aquela cuadrilla, Benxamín sentiuse importante. Era extraordinario formar parte da cuadrilla dos 11. Todo o mundo os admiraba e respectaba! Mais... era admiración de verdade ou simplemente lles tiñan medo? Benxamín tiña que tomar unha decisión: seguir sendo o peixe número 11 ou defender a amizade e o verdadeiro respecto.
A partir do conto pensamos quen queriamos que estivese na nosa cuadrilla e os debuxamos
e así rematamos estes días, para a semana máis actividades!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!