luns, 22 de xaneiro de 2024

O inverno


Á volta das vacacións comezamos facendo trazos no inverno e contando contiños.
Unha das cancións da asamblea:

A primeira semana fixo moito frío, case vemos a neve. Fixemos un boneco de neve con grafismos e comezamos a decorar o noso corcho con artistadas das nosas.

Gustáronos os bonecos, que despois fixemos un con globos e témpera branca: co dedito fixemos neve.

Cando secou decoramos, un resultado espetacular que xa locen no noso corcho!!
No inverno temos que abrigarnos moito, seguimos facendo grafismos nuns guantes.

E pasadas estas dúas semanas comezamos co novo proxecto!!Seguro nos agardan moitas sorpresas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!