sábado, 27 de xaneiro de 2024

Comezamos o proxecto da natureza co conto do GRÚFALO!

Comezamos co conto do GRÚFALO para arrincar o novo proxecto!


Comezan a chegar as primeiras aportacións dende as vosas casas:

Aron con un conto de animais da nosa contorna e a súas crías.
Uxía con un crebacabezas de granxa.
No momento do xogo fixémolo entre varios. É moi divertido porque trae pegatinas e temos que atopar a sombra para pegalas no seu correspondente.
Ahmed trouxo un raposo, como o que vimos no conto.
Valentina dous contiños.
O xoves fomos contar o conto de Enyd á biblioteca. Despois na clase fixemos a ficha do conto.
Rihana con un diccionario de palabras comúns, entre elas hai unha sección de comida. Ata ten sons.
Noa o fin de semana foi a Foz e colleu unha planta moi típica das zonas de costa, uña de gato.
Debuxámola na nosa ficha de plantas e buscamos información dela.
Pablo trouxo varios animais; un oso, hai moi poucos en toda Galicia, xa investigaremos sobre eles. Tamén animais como o cabalo, o lobo,...
Trouxo dous crebacabezas.
Nos momentos de xogo contruímolos.
Noa o mércores volveu con outra planta: o aloe vera. Xa veremos porque esta planta é importante.
Luca trouxonos un raposo, esta semana falamos moito deles.
Lucas trouxonos un calendario de vacas, cada mes imos ver unha vaca diferente. Imos coñecer moitas razas de vacas, non so temos a pinta e a teixa. Trouxonos vacas cos seus becerriños e un cabalo.

Alma tamén chegou cargadiña de animais. De patiños cos seus filliños, de formigas que se moven moi rápido, de rás, unha é unha marioneta...e ata un caracol que saca fotos. Fíxonos unhas instantáneas chulísimas. Tamén nos trouxo un conto que creo que o podemos meter na auga....seguro nos agardan sorpresas con estes patiños.
Martín chegou con unha mochila chea de animais. 
Martina e Noa fixeron unha manualidade moi chula. Con Paula, a mamá de Martina, fixeron conexiños. A conexiña mamá e o seu fillo conexiño. Tamén os debuxaron. Que artistas.
Daniela trouxonos unhas raposiñas pequeniñas.
O xoves, Pablo volveu cargado, desta vez cun pato.
E o que foi unha sorpresa para todos foron os 20 caracois que trouxo Martiño, porque os contamos para que non escape ningún. Os caracois son moi pillos e se saen ao mellor ata nos comen as fichas, temos que ter coidado de cerralos ben. Os nenos/as estaban emocionados porque por primeira vez tíñamos animais de verdade na clase.

Chamamos aos nosos compis de 3 anos para que viñeran velos. Tamén quedaron abraiados.
E fomos a clase de 5 anos ensinarllelos.
O venres antes de marchar cortamos máis berzas para deixarlle comida durante o fin de semana. Agardamos que lles cerraramos ben e que o luns sigan estando todos!
Luca o venres trouxonos un porquiño, dixo que era moi bonito!
Lucas síguenos traendo máis cousiñas sobre vacas, desta vez un peluche e un boli lanterna. Mola moito esta lanterna.
Martina trouxonos unhas plantas super interesantes gardadiñas nun bote que investigaremos: Hedras, fentos e musgos.
Daniela trouxo máis animais e un super debuxo.
Noa volveu con unha granxa cheíña de animais.
O venres, Martín volveu cargadiño de animais, tamén dixo que o luns traería un arbore. Estamos todos espectantes. Preguntámoslle se lles deixara aos seus irmáns animais para xogar porque trouxo moitos pero moitos animais. Dixo que na casa quedaban máis.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS pola colaboración, este proxecto, PROMETE SER INTERESANTE!!!

Despois da sesión do contacontos, fixemos un debuxo do Grúfalo:

Traballando sobre o conto: o primeiro animal co que se atopa é o raposo

Descubrindo un ratiño a través dos números e pintandoo con témpera.
Outro dos animais que saen no conto é o MOUCHO.
Repasando un moucho de cores!
Esta semana traballamos a letra do Grúfalo. O G.
Pintándoo con acuarelas marróns.
Descubrindo como era.
Decorándoo: a lingua negra, os ollos laranxas e as púas moradas. Para as púas usamos un chis de brilli brilli.
Pintando os animais do conto para cambiar os nosos equipos.
E xa cambiamos de nome aos nosos equipos.
O venres chegamos ao cole e agardábanos unha actividade sorpresa. DE ONDE SAEN AS SEMILLAS? Os nenos decían que da horta, despois de facer a actividade xa descubrimos de onde saían. 

Precisamos os 5 sentidos para esta experiencia especial con froitas e verduras. Fixemos dous equipos e observamos o que había nunha bandexa grande que estaba colocada en forma de mesa (bandexa tuff tray). Ulímolas e falamos do que viamos alí: papaya, cabaza, pementos de diferentes formas e cores, tomates de cores e formas diferentes, aguacates, granadas...
Coa axuda das mans ou das culleres quitamos as semillas. Recollíamolas para un recipiente para non mesturalas e despois puxémolas a secar nun xornal.

Esta mesa é moi chula e podemos traballar varios ao seu redor.
Que sequen ben!
Despois da experiencia, debuxamos o que fixemos na ficha de xaneiro.
Na clase de 5 anos apareceu unha froita que nunca viramos: unha pitahaya. Observámola, ulímola e probámola. Os nenos/as fixeron as súas hipóteses: parecíase a unha piña, tiña pepitas como o kiwi e ao probala era doce. Grazas compis da aula de verde por descubrirnos esta froita. 
Que semana máis interesante! Que descubriremos na seguinte? Desfrutade no fin de semana. Ata luns peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!