Xa tiñamos ganiñas de empezar cun novo proxecto, e facémolo coa NATUREZA! Imos achegarnos a animais e plantas de Galicia, da nosa contorna.Como punto de partida e motivación tivemos unha sesión de contacontos con títeres na biblio: O GRÚFALO.
Trátase dun conto no que saen animais que podemos atopar nos nosos bosques: RATO, SERPE, RAPOSO, MOUCHO...
Comezamos a investigar un pouco sobre os ratiños.
Buscamos fotos, videos e falamos do que xa
sabíamos deles.
Traballamos a motricidade fina cunha manualidade
simple do ratiño para decorar a clase.
Tivemos unha experiencia especial con froitas e verduras. Ó redor dunha mesa examinams e falamos de cada froita e verdura. Nomeámolas, falamos de onde saían, comentamos as cores, formas, tamaños, se as tiñamos probado, ulímolas e fixámonos nas sementes.
E con isto rematamos a semana e seguiremos con moitas máis cousiñas na próxima.
Logo adicáronse a ir separando as sementes con coidado.
Listas para secar!
Ademais visitamos a clase de 4 anos na que teñen unha chea de CARACOIS!
E comezamos a recibir cousiñas para o proxecto! Nesta semana fixeron as súas presentacións e comezamos con algunhas investigacións segundo foron elixindo. Seguiremos investigando nas seguintes semanas!
MARTINA presentounos un xogo de crebacabezas moi chuli con animais de granxa. Fixemos os sons, falamos do que sabiamos destes animais e xa o deixamos no recanto!
Pouco despois trouxonos algúns animais. Buscámolos e falamos do quesabíamos deles: partes, cores, diferencias, onde viven... Foron un PATO, unha PITA e un GALO!
DANA tamén nos trouxo un poster que elaborou coa súa familia. Empregou unha cartolina verde na que pegou imaxes de animais da contorna. Escribiu os seus nomes e falamos de cada un deles. Xa comezamos tamén a investigar un deles, pero aínda estamos traballando nel!
Elixiron comezar cunha investigación sobre o OSO. Primeiro lemos un conto sobre OSOS. E buscamos información, decoramos un osiño facéndolle pelo con tenedores. Quedou moi ben!
Por último recollemos todo en papel.
ALEN AMADO trouxo un CABALO e uns contos. Un sobre o BOSQUE e outro sobre a GRANXA. Vennos xenial para saber máis dos animais salvaxes e domésticos que viven pola zona!
ALEN RÁBADE chegou tamén con materiais que foi explicando.
Unhas fotos dunha excursiñon que fixo coa familia pola LAGOA DE COSPEITO. Falounos do seu paseo e das cousas que viu e todos viron as fotos con calma.
Amosou unha manualidade dunha ÁRBORE, que fixo coa súa man, e cores facendo de folliñas con cores de outono.
Presentou un par de debuxos con ÁRBORES, FLORES e unha BOLBORETA.
Fixo unha manualidade con follas e olliños e unha cartolina amarela, coas que compuxo 3 animais da zona: un MOUCHO, unha BOLBORETA e un PATO.
Por último, TATA tróuxonos unha froita especial para que a coñeceramos e que ainda que non é próxima si que a podemos atopar nas froiterías, un na PITAHAYA ou FROITA DE DRAGÓN. Observámola, ulímola, tocámola e probamos!
Moitas grazas a todos e todas por colaborar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!