venres, 15 de decembro de 2023

Unha semana de peixes!

 Esta semana profundizamos e repasamos diferentes peixes que coñeciamos, ademais de rematar de contar os contiños que nos quedaban que viñeron da casa.


O luns comezamos descubrindo porque se infla o peixe globo, é para defenderse dos outros peixes, é unha forma de autodefensa.


Canción:

O martes coñecemos ao tiburón martillo.
Que cabeza tan particular.
Canción:

Coñecemos as diferentes embarcacións
Xogamos a que iamos nun barco e colliamos o timón. Coñecemos as diferentes partes dun barco.
Luca contou o seu conto do pingüino e coñecemos máis sobre eles. Pode vivir ata uns 22 anos e mide un metro, case case como o que midimos nós. Son aves acuáticas que non saben voar pero si nadan a perfección. Son animais moi tranquilos.

O mércores descubrimos máis sobre o cabaliño de mar. Contamos un conto moi bonito, vimos que nada de pé e ia atravesando por algas, corais, e atopaba moitos peixes.

Canción:


Moi chulis os nosos cabaliños!
Paula e Patricia contaron o seu conto de animais marinos. Nel aparecían moitos animais. Debuxamos un pulpo na ficha do conto.


O xoves volvemos a falar  dos pingüinos e pasámolo pipa con esta canción.

Recordamos que os pingüinos son aves que teñen plumas pero non voan.
Rematamos o venres co conto de Luca, coñecemos o león mariño.


Pasaron os días e os meses e estamos a uns días de rematar o 1º trimestre. Para a semana veredes todos os traballiños que fixemos con este proxecto. Pasade un bo finde que nos queda unha semana de moitas sorpresas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!