Desexamos que disfrutedes todo o que poidades deste tempo máxico.
Deixamos estes recursos para que poidades repasar cando teñades un cachiño libre: Asembleas con todo o básico e outros enlaces relacionados.
Recordade que é moi importante insistir sempre en que collan os útiles de escritura correctamente. Resultan útiles para o agarre en pinza: agarrar elementos pequenos, o uso de pinzas da roupa, xogo con plastilina, etc.
Recursos 4º de infantil (3 anos)
CLASE DE AZUL
Só se trata de repasar un pouquiño se tedes tempo.
Poden practicar a escritura do seu nome en maiúsculas (cada un ó seu ritmo: repasandoo, copiandoo ou sós), trazo do 0, 1 e do círculo que foi no que estivemos centrados estre tirmestre,
Na aula traballamos co son das letras, non cos nomes (p.ex.: "MMMM", en lugar de: "eme").
A asamblea é unha versión reducida da de aula con todo o básico que traballamos e precisan da vosa axuda para realizala (porque aínda están desenvolvendo as habilidades de conteo, recoñecemento de letras, etc. e, pese a que en clase acostuman a facelo sós, sempre precisan algo de axuda para algunha cousiña. Tedes instruccións en cada diapositiva por se eles non se acordan do que toca facer. Na clase non acostumamos a ver todos os vídeos todos os días nin xogar a todos os xogos, son alternativas de repaso para que vaian variando.
Outros recursos.
Recursos 5º de infantil (4 anos)
CLASE DE VERMELLO
Recordade especialmente o trazo das maiúsculas.
Recursos 6º de infantil (5 anos)
CLASE DE VERDE
Recordade practicar as letras maiúsculas e as minúsculas que traballamos ata agora: "a,e,i,o,u,m,n,ñ,p"
Agardamos pasades unhas felices vacacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!