Tras un longo percorrido polos fondos mariños xa demos por acabado o noso primeiro proxectiño en base ó conto "O Peixe Arco da Vella".
Así,
rematamos os últimos traballos, investigacións e comezamos a preparar as portadas e as bolsas nas que gardamos todo o que fomos facendo na avaliación.Recibimos os últimos materiais antes do remate. HUGO presentou uns animais diante dos compis. Repasamos o que sabíamos deles e buscamos por internet para saber máis. Falamos dos tiburóns e de como nadan coas crías, de como os seus dentes caen continuamente e volven nacer e empregan as súas letas para moverse.
Falamos dos pulpos ou polbos, de que teñen 8 tentáculos, un pico escondido e como cambian de color.
Tamén tivemos que buscar sobre os langostinos e mesmo vimos un vídeo dun pelexando cun peixiño!
Últimos traballiños sobre animais do conto e animais mariños favoritos logo de investigalos...
Portada do conto:
Potada dos animais mariños:
Bolsas:
Sesión de contacontos! Tivemos a sorte de que nos prestaran un contiño dun cabaliño de mar. Un dos animais que máis nos chama a atención en clase.
Hoxe, cada un gardou todos os traballiños que fixeron con moito esforzo. Levaron todo na súa bolsiña e marcharon agardando que vos sintades tan orgullosos como eles!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!