O acuario nunha botella:
1º: pintando o peixe azul e peixe arco da vella como no conto. Estes peixes plastificámolos.
2º: Montando o noso acuario: metemos os peixes, unhas conchas e unhas estreliñas de mar. Mesturamos auga con colorante azul, un toque de brilli brilli prateado e aceite corporal.
A BOLSA DOS TRABALLIÑOS:
Estampamos a esponxa de moitos cores para descubrir o peixe arco da vella!
A CONTRAPORTADA DOS TRABALLIÑOS:
Con esponxas pintamos o mar e a roca.
Pintando o faro, demoslle unha capa de branco e despois fixemos as líneas en vermello.
Unha vez seco, debuxamos un barco con nós dentro. Puxemos peixes de pegatinas, fixemos paxariños e ondas e colocamos unha luz moi resplandecente no faro. Mirade que ORIXINAIS quedaron!!!
Estes traballiños levan varios días, por iso cando falta algún neno/a non o podemos facer igual porque nos quedamos sen tempo. Pero o de Valentina quedou requetexenial!!
Todos somos amigos do peixe arco da vella! Pasámolo moi ben neste trimestre coñecendo os animais marinos!
Hoxe, marchamos con todos estes traballiños para a nosa casa para poder ensinarvos canto aprendemos!
Traballaron moito e moi ben estes peques! PARABÉNS EQUIPO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!