Nova semana e novo sistema. Nesta ocasión foi a quenda do sistema respiratorio. Repasamos o que sabíamos sobre este sistema facendo unha chuvia de ideas. Logo observamos as reproducións que tiñamos na clase e que nos aportaron AARÓN e XOEL e que temos no recanto do corpo.Fixemos unha investigación seguindo a nosa rutina de estudo buscando nos libros, imaxes e vídeos de internet.
Logo probamos a RESPIRACIÓN DE CAIXA pero en lugar de inspirar, reter, expirar aguantar 4 segundos en cada fase fixémolo só con 2 segundos para que nos resultara máis sinxelo.
E por último a a respiración ALTERNANDO as fosas nasais.


Repasamos as partes e función e plasmámolo e papel.

Tamén examinamos no microscopio augas sucias que recolleron XELDA e MARTÍN. XELDA trouxo auga de charco e MARTÍN auga dun depósito. Retomamos así o que xa falamos de que aínda que a auga pareza limpa pode estar sucia e chea de bacterias e bichiños que nos poden poñer enfermos. polo que é importante non beber calquer auga ó igual que non debemos meter nada na boca e debemos limpar moi ben as mans.
AARÓN axudounos a repasar cunha manualidade estupenda que fixo coa axuda da súa familia. Explicounos que empregou macarróns, palliñas, cordóns e cartolina. Explicounos todas as partes: pel, uñas, dedos, articulacións, ósos e repasamos como se produce o movemento. O cerebro envía a orde a través da columna vertebral e logo polos nervios para que se movan os músculos e así se poda mover a man. Aarón logo de presentar o seu traballo foi percorrendo a clase para que todos puideran experimentar. Xa forma parte do noso recanto do corpo!
Moitas grazas por colaborar e a próxima semana máis!

















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!