Esta semana comezamos o sistema respiratorio.
Comezamos no rincón recollendo informacións previas.
ZOE foi o recanto para volver a ensinarnos como collemos o aire e chega os nosos pulmóns.
HUGO trouxonos á clase tamén outra forma de explicarnos como funcionan os nosos pulmóns
Vídeo informativo:
Traballando sobre o papel, por onde chega o aire os nosos pulmóns.
No sistema respiratorio é moi importante controlar a respiración. Fixemos diferentes exercicios.
Para a manualidade deste sistema, fixemos uns pulmóns con uns globos. Mirade como se inchan os nosos pulmóns. Precisamos cargalos de osíxeno.
Empregamos unha especie de esponxa para simular a textura dos pulmóns que recortamos e pegamos na manualidade.
Volvemos ver o pulmón e empregamos a camiseta máxica para ver como son os pulmóns e o cerca que está o corazón.
Artistadas das nosas, campo de flores feito con témpera e bastoncillos. Co rotu negro fixémonos a nós e os paxariños do ceo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!