Primeiro investigamos como sempre en libros, repasado o noso recanto e en internet.
Logo falamos sobre ter unha alimentación saudable, sobre o que significa e como inflúe no noso corpo.
Traballámolo en papel preparando un prato saudable para o que foron elixindo os alimentos que máis lles gustaron. Plasmamos en papel o visto nos vídeos e libros sobre o camiño da dixestión.
Preparamos a capa do sistema dixestivo con diferentes texturas. Plasti para o interior da BOCA e GARGANTA, unha palliña para o ESÓFAGO, un globo para o ESTÓMAGO, la para o INTESTINO delgado e papel de seda para o groso. Fomos completándoo seguindo o camiño da comida.
Para facelo tiveron que modelar a plasti, manipular o globo para que coincidira co esófago, cortar o fígado en goma eva, medir e cortar a la e facer churriños co papel de seda.
Para a experiencia deste sistema fixémolo coa profe COVA de inglés, e foi xenial. Con ela estamos traballando tamén no proxecto do corpo. Nesta ocasión primeiro púxonos un vídeo sobre a dixestión e o camiño que segue a comida dentro do noso corpo.
Logo fomos decorando un corpo en cartolina e picando un oquiño para o estómago.
Por parellas foron recheando unhas bolsiñas transparentes que farían de estómago. Engadiron un pouco de todo.
Logo machucaron todo xunto como se se estivera dixerindo.
Por último fixámolo na cartolina do corpo e quedou xenial. Traballaron moi duro!
Rematamos a semana e co sistema dixestivo coa presentación de XOEL dunhas imaxes do intestino. Falounos de que eran imaxes reais do interior do corpo e mostrou as na aula. Repasamos o que sabíamos do intestino delgado e groso e como recolle o que necesitamos dos alimentos. Explicou que con esas fotos o médico podía ver se estaba todo ben no interior do intestino.
E por último nestes días tivemos a presentación de Martín e un novo libro de investigación que nos amosou na aula e que nos permite experimentar as súas páxinas.
A próxima semana máis! Grazas a todos e todas por colaborar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!