Pequeno debate: cales son os alimentos máis saudables para o noso corpo?
Sobre o papel debuxamos tres alimentos que máis nos gustaban dos que había no plato e intentamos escribir o seu nome.
No libro, tachamos cales son os alimentos que non debemos tomar diariamente.
Por detrás, debuxamos o noso almorzo, pero saudable. Os donus, as medias lunas e as madalenas so de cando en vez, non as podemos comer todos os días e a coca cola chegamos a conclusión que só a bebemos nas festas.
Investigamos o que é o sistema dixestivo nos libros que temos no recanto.
Vídeo explicativo do sistema dixestivo:
Escribimos as partes principais do sistema dixestivo!! Moi ben equipo!!.
Pegamos plasti no estomágo.
Para facer a manualidade desta capa primeiro pintamos o boneco. Estivemos contando ata 30 para medir un trozo de lá e poñela no intestino delgado.
O luns na hora da merenda comprobamos como funciona mellor o noso sistema dixestivo, jajaja. Por onde comemos, repasamos por onde vai baixando a froita que comemos, ese día, a mandarina.
Nos momentos de descanso, ás veces xogamos coa plasti. Esta semana puiden quitar estas fermosas fotos dalgúns dos nomes da clase. Era dificil facer o nome en letra pequena, pero quedaron xenial.
ARTE NA PRIMAVERA
Á volta das vacacións veu cargada de un chisquiño de maxia.
ESGRAFIADO DE FLORES
Comezamos pintando de moitas cores media carilla dun folio.
Volvemos a pintar con cera negra. Collemos un palillo para facer estas obras de arte.
CHULIS, CHULIS!!! Sodes uns artistas!!! A seguir así!
Onte fomos a biblioteca e traballamos coa mesa de luz. Nas vindeiras semanas seguiremos coa luz e veredes todo o que aprendemos. Ese día vimos un conto de FLORES de Hervé Tullet.
Despois fixemos sobre o papel diversos grafismos con unha flor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!