Volvemos outra semana cargados de novidades: imos a biblio e iniciamos o préstamos de libros semanal, seguimos traballando a A de Abraham e comezamos o proxecto do BOSQUE.
Momentos da asamblea:
Todos as fichas do nome seran iguais solo que con diferente letra, comezamos sempre debuxando o protagonista desa letra.
Debuxando a cara de Abraham para facer o noso chaveiro das nosas letras.Cazando todas as letras As e pintando co noso dedito máxico a A grande. Abraham elexiu a cor verde escura para pintar.
Comezamos o proxecto do Bosque, para iso elaboramos unha carta informativa para mandar as casas.
Comezamos o libro practicando co punzón. Picando polos puntiños descubrimos un....BOSQUE.Que é un bosque? Debuxo das ideas previas.
RECANTO DO PROXECTO.
Comezamos a encher o noso recanto do proxecto de propostas enriquecedoras.
Bela trouxo un crebacabezas.
Foinos indicando paso a paso como se montaba. Entre todos buscamos elementos que aparecen nos bosques. Unha vez que o rematou de montar, tiña como dúas lupas para ver mellor o que se escondía en certas partes do xogo. Moitas grazas familia.
Quedaron super chulis!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!