sábado, 31 de xaneiro de 2026

I de Iago e o proxecto do Bosque!!

 Esta semana traballamos sobre a I de Iago e seguimos descubrindo máis cousiñas do proxecto do bosque.

 Comezamos debuxando a cabeza de Iago na súa letra. 

Practicando a I na pizarra, é a letra máis fácil de facer.
Debuxando sobre o papel.
Decorando con gomets por dentro.


Os debuxos da asamblea:
O luns escoitamos cos nosos compis de infantil un conto sobre o bosque, foi moi divertido. O gato montés. Rimonos moito.
Traballando sobre o libro: QUE SABEMOS? 
Recanto do BOSQUE

Moitísimas grazas por colaborar con nós familias.

Leo López trouxonos un xogo moi divertido dunha casiña dun páxaro. Primeiro explicounos como se monta e como se xoga.
Coa súa axuda fomos xogando entre todos. 


Roi trouxonos un verme de cores que fixo coa súa mamá e tamén un crebacabezas de Bambi. Co vermiño ata repasamos as cores.

Bela trouxonos o seu bosque, aí viven animais que teñen a súa casiña como os conexos, os paxariños. Axudoulle a súa mamá e Leo a facelo.
Moi contenta explicoulles a todos como fixera e como pintara porque é moi grande a maqueta do seu bosque.
Lucía xunto coa súa mamá e a súa madriña fixeron outra artistada moi chula. 5 árbores diferentes onde hai diferentes animais. Descubrimos os paxariños, os cervos, as xoaniñas, as bolboretas, as libelúlas....cantos animais temos no bosque.
Iago coa axuda dos seus papás fixo este debuxo super chuli do bosque. 

Uxía trouxonos un conto do bosque e todos xuntos escoitamos moi atentos todos os animais dos que nos ia falando a nosa compi.

Leo López trouxo pegatinas de animais nunha bolsa, entre todos fomos decindo se eran animais domésticos ou salvaxes. Os domésticos fixemoslle unha granxa para pegalos e os salvaxes un bosque. Entrounos a dúbida dos patos, segun Leo na casa do tío One non hai patos pero Dennis e Bela dixeron que si había patos. Por iso decidimos poñelos na granxa xunto o conexiño.
As pegatinas de Leo levaronnos a falar dos animais de compañía e os salvaxes. Debuxamos unha vaca como animal doméstico e unha serpe como salvaxe. Despois cazamos as letras A da ficha con rotu.
Carlota chegou con un super crebacabezas moi grande que ademais escondía o conto da Caperuchiña vermella. 
Unha vez que o montamos....
Carlota elexiu os personaxes e contamos o conto entre todos.

Dani trouxo un conto no que demos un paseo polo bosque para descubrir os escondites dos animais que habitan nel. Por exemplo vimos onde vivía unha teupa.

Iago trouxonos o conto da Caperuchiña con bonecos. Elixiu aos compis para facer dese personaxe e entre todos contamos o conto.

MOCHILA VIAXEIRA
Leo Lombao ensinounos o que fixo no block da mochila viaxeira. Gustoulle o conto do corpo e coa axuda da súa mamá fixo esta artistada.
A seguinte viaxe da mochila é na casa de Leo López.
Bo fin de semana peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!