venres, 23 de xaneiro de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS NA AULA DE CATRO ANOS


 Hoxe tivemos na aula á mamá de Lola e Sergio, que veu pasar un ratiño con nós. Contounos un conto sobre as emocións "As emocións de Nacho", no que falamos de como nos sentimos cando estamos contentos, tristes, asustados ou enfadados.

Despois do conto, realizamos varios xogos para identificar as emocións que aparecían na historia e, para rematar, fixemos un pequeno libriño no que tamén estaban representadas, para poder contalo na casiña.

Foi unha mañá moi entretida e diferente, na que estivemos moi a gusto aprendendo doutro xeito. Deste xeito, estreamos as actividades das familias na nosa aula.















TANIA moitas grazas por vir a pasar un ratiño a nosa aula!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!