mércores, 11 de outubro de 2023

XA ESTAMOS A TOPE!!

 

Están chegando tantas cousas xuntas que non temos tempo de pararnos con todo, pero día a día retomaremos para ir contando todos os contos e traballar sobre todas  as cousas que están chegando a aula. Foi a semana corta pero intensa en materiais, moitas grazas pola vosa colaboración.

SAMULE D. trouxo un montón de animais mariños entre eles estaban as focas e as morsas que nos serviron para traballar algunha das súas diferenzas como que a morsa e máis grande que a foca,  as focas non teñen orellas e as morsas si, as morsas teñen colmillos e bigotes...
ANA e MARA trouxeron unha familia de pingüinos, focas e un delfín
e os contos para investigar cousas das focas e delfíns
DARIO trouxo unha pecera cun peixiño que se move pola pecera, serviunos para investigar os seus coidados. Comen variado e regularmente, teñen que ter luz e boa temperatura.
O conto de SARA que nos virá moi ben cando falemos dos peixes mais grandes as BALEAS
HUGO trouxo o conto da película BUSCANDO A NEMO que aparece un pez pallaso que investigando parecése ao pez Angel doutro conto que vimos e gustounos moito porque temos pais con ese nome.
Un conto para buscar animais marinos que sempre nos gusta moito explorar
DARIO trouxo o conto do peixe Arco da Vella que estamos a traballar a fondo
MARTÍN trouxo o pez pallaso 
FABIO trouxo un conto sobre os animais dos océanos
Outro contiño de ANA e MARA 

Tamén comezamos a traballar nas páxinas do conto do peixe Arco da Vella recordando e repasando letras, coloreando o noso peixe e finalmente fixemos o arco da vella con pintura de dedos, xa somos maiores e fixemos un gran traballo.


CLAUDIA trouxo peixes e un CALAMAR, pero o que máis lle gusta e a BALEA.
CARLA trouxo un conto de TARTARUGAS que investigaremos a fondo
e ANA trouxo a súa BALEA
e KATIA trouxo unha pecera con cousas moi interesantes que temos que investigar, unha MEDUSA e un CABALIÑO DE MAR, tamén un peixiño.

Mentras foron chegando estas cousas na aula fixemos animais mariños para as nosas ventanas

o PEIXIÑO Arco da vella tiña as escamas de moitas cores preciosas e incluso unha brillante, repasamos as letras, coloreamos o peixe azul que lle pediu unha escama brillante, puxemos as escamas de cores con forma de triángulo e a BRILLANTE!

PASADE UNHA BOA PONTE E CARGADE PILAS PARA A VOLTA, QUE TEMOS MOITAS COUSAS QUE APRENDER!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!