

Continuamos co paso dos días probando pinturas, rotus, pegamentos e pinceis.
Pasada a primeira semana de adaptación, recordamos o conto de" Ola, Arco da Vella" e escoitamos algunha canción que nos gustou especialmente en inglés.
Traballamos tamén co conto "El pollo Pepe" e a súa canción.
E por último, coñecemos o conto "La oruga glotona" co que decidimos confeccionar un libriño breve baseado no líbro de títere de Eric Carle.
Con este libriño fomos experimentando un chisco máis antes de comezar co proxecto trimestral. Aquí o tedes os que non o coñezades.
Levounos bastantes días de traballo, pero rematámolo este luns.
Esforzáronse moito e quedou estupendo!
Tamén vos deixamos un xogo que empregamos na clase na pantalla dixital.
E fixemos unha Oruga Glotona para o corcho!
Seguimos adaptándonos ó cole e todas as novidades, rutinas, e un longo etc. Pronto vos falaremos do noso proxecto trimestral!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!