luns, 23 de outubro de 2023

Primeiros pasos no proxecto: O Peixe Arco da Vella!


 Comezando...

Por fin podemos publicar na clase de azul! Neste trimestre imos amodo porque aínda nos estamos adaptando e moitas veces tardamos en poder sacar fotos ou lévanos varios días rematar un traballiño entre investigar, facer manualidades e recoller todo en papel...

Como sabedes xa comezamos este pequeno proxecto

cunha sesión de contacontos con "El pez arcoiris". 

Con este conto estamos a traballar o mar e os animais que nel viven, a amizade, as emocións e a as cores.

 Participando!
Tras enviar ás casas unha carta pedindo colaboración xa comezaron a chegar materiais!

MARTINA foi a primeira cun peixiño arco da vella precioso! Explicounos as cores que empregou e como pegaron os papeis pintados de magdalena para facer as escamas. Xa está no recanto e xogan moito con este peixiño!

DANA sorprendeunos cun peluchiño de peixe que nos gustou moito. Tamén trouxo un xogo de canasta de peixiño, unhas cunchas preciosas que ainda temos que investigar, e un tiburón temible! Falamos de cada un destes animais e imitámolos.

ROMEO tamén participou amosándonos con entusiasmo as súas aportacións: un puzzle e un conto! As dúas cousas están xa no noso recanto e o conto gústanos un montón por se para tocar. Ademais serviunos nas investigacións que fomos realizando.

EREA  trouxo un xogo de pesca e son grandes pescadores sen dúbida. Divírtense nos momentos de xogo pescando e tentando atinar nun ou outro animal do mar!

HUGO asustounos co seu tiburón espectacular! Primeiro dixo que era un delfín, pero logo dixo que era un tiburón e encantounos. Moitas veces xogan coa manualidade de Hugo e de Martina a modo de marionetas e pásano pipa!

ALEN RÁBADE colaborou con varias manualidades oi traballadas e que soubo presentar moi ben! Primeiro amosounos un puzzle de peixiño que nos describiu moi ben e que nos amosou como montar. Tamén nos falou do delfín xigante que trouxo para decorar no recanto do mar. Falamos das aletas e de como nada. Por último amosounos un collage fermoso son elementos que podemos ver no mar. Falounos de cada un deles e describiunos moi ben. Deunos pe a contar experiencias con estes elementos. Foi xenial!

ALEN AMADO tamén participou traéndonos unha chea de xoguetiños de animais marinos como un pulpo, peixiños, un tiburón... Fomos falando de cada un deles e dalgunhas características que coñecemos.Pouco a pouco iremos sabendo máis deles!
Xa están no nosos recanto do mar e xa puidemos desfrutalos nos momento de xogo!
 
Entre manualidades, experiencias e recollendo o que podemos en papel!
Co pretexto recrear o conto, estivemos recollendo en papel algúns dos contidos que estamos traballando na asemblea, con xogos, contos e cancións.
 En cada ficha recollemos o que aprendemos e imos recreando distintas técnicas plásticas e experiencias de aula. No noso conto imos experimentando facendo manualidades variadas con distintos materiais e técnicas.
Comezamos facendo unha recreación da auga do MAR.
Fixemos un ARCO DA VELLA, xa que o peixiño se asemella a un. Repasamos o conto "Ola arco da vella" e as cores que nel viramos.
Investigamos sobre a pel dos peixes as "ESCAMAS".
Falamos de como gustaban as escamas do peixiño e cada neno e nena da clase falou das cores que lles gustaban, os debuxos, as comidas, os xogos... Logo elixiron unha desas cousas para plasmalas en papel: son uns artistas!
Seguimos decorando con pintura de témpera e bastoncillos das orellas as escamas do peixe Arcoiris. Foi unha tarefa divertida na que traballamos en grupos pequenos por quendas tendo que chegar a acordos cando queríamos a mesma cor ou un estaba moito tempo coa mesma cor. Todo foi ben e quedoulles moi ben!
Aquí os podedes ver traballando en papel e nas manualidades destes días.

Aproveitando a chegada do outono para as nosas manualidades. Para isto estampamos folliñas con distintas cores para facer peixiños na nova páxina do conto.

Practicando soplo para facer as lágrimas do peixiño arcoiris...

Practicando caras tristes mentres vos ensinan as lágrimas que fixeron..

Tamén investigamos sobre as estrelas de mar e recreamos algunhas.


Tamén fixemos un repaso dos animais que viven no mar que coñecemos nestes días e fixémolos para decorar a nosa fiestra...
Preparamos peixiños con material de reciclaxe: cds e restos de gomaeva.
Primeiro experimentamos cos cds con luz, sen luz, cunha lanterna, baixo a auga... e puidemos observar neles as cores do arco da vella!!!
Quedaron xenial!


Para rematar, déixovos a canción dos peixes que tanto nos gusta cantar na clase. Con esta canción traballamos moito a voz, o volume, o ton, a psicomotricidade... Que vos conten como facemos porque é moi divertido como a imos cambiando!

E ata aquí polo de agora!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!