venres, 27 de outubro de 2023

ESTA SEMANA VEU DE VISITA A MAMÁ DE CLAUDIA E EVA


Esta semana estivo con nos a MAMÁ  DE CLAUDIA E EVA para contar un conto da balea YUBA
Todos estivemos moi atentos ao conto da balea que quería saltar como o seu pai.


Despois de que EVA nos contase o conto fixemos unha manualidade onde primeiro coloreamos a BALEA, despois picamos os ollos e recortamos e pegamos unha cola brillante e finalmente lle puxemos un palo para convertela nunha careta, todo isto o fixemos coa axuda de MARTA e EVA.
e así de bonitas nos quedaron

                    MOITAS GRAZAS POR VIR, VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!
Tamén ao longo da semana seguimos traballando no conto do peixe arco da vella, cando lle pregunta a estrela porque ninguén lle fala, a estrela non lle sabe responder e preguntalle ao polvo.

Aprendimos cousas das estrelas que teñen cinco brazos que volven crecer si se rompen, que teñen boca, que se desplazan arrastrándose...

CLAUDIA trouxo unha tartaruga e aproveitamos para ver o conto de CARLA onde aprendimos que teñen un caparazón duro, que saen da auga para poñer os ovos,


LUCAS trouxo un puzle e algún animal que todavía non tíñamos no recuncho
Experimentamos con cd e dímonos conta que aparecian as cores do PEIXE ARCO DA VELLA
despois decoramos os cd para poñer nos corredores
Comezamos con máis letras minúsculas!

BO FIN DE SEMANA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!