Estabamos desexándoo e por fin
tivemos saída a Avifauna! Como sabedes levamos un tempo traballando nun
proxecto sobre os dinosauros e hoxe fomos visitar os seus parentes máis
próximos, as aves.
Neste
centro de interpretación
que nos achega á natureza puidemos visitar unha chea de aves e tomar conciencia
dalgunhas características e da importancia
do coidado da natureza. Ademais o noso guía Jesús achegounos ós dinos máis
relacionados e estableceu relacións xerais cos dinos.
Logo collemos de novo o bus e fomos ata o parque de Lugo que se atopa xunto ó río Miño, ó lado do pazo de feiras e exposicións.
Alí comemos xuntos á sombra dunha gran árbore e logo fomos xogar un bo cacho ó parque. Pasámolo moi ben, xogamos,
rimos e aprendemos: foi unha gran experiencia!
Deixamos un vídeo resumo da experiencia. (Recordade seleccionar a calidade adecuada na rodiña).
Unha vez feita a saída, fixemos un repaso das aves máis relacionadas cos dinos das que nos falaron na visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!