Levamos unhas semanas moi ocupadas cheas de conmemoracións e actividades especiais!
Tamén nos adicamos investigar dinos como o GALLIMIMUS!
Trátase dun dino OMNÍVORO moi parecido a unha AVESTRUZ!
Tamén nos achegamos ó PAQUICEFALOSAURO!
Engadíndoo ó dossier de dinos...
Seguimos co traballo en papel, do que vos deixo só un par de mostras. Como o repaso sobre os dinos, como que eras reptís TERRESTRES, e os reptís AÉREOS e ACUÁTICOS.
Outra mostra do traballo no libro como cousas en común e diferentes entre dinos...
Tamén tivemos actividades especiais!
Mónica e Adriana contaron un conto moi chulo en busca dun dino, amosárono e deixaron un detalliño de recordo.
Tamén tivemos a visita de María, a nai de Izan. Entre os dous léronnos un contiño dun poliño aventureiro! Tamén nos deixaron un detalle de recordo
ADAM decidiu participar cunha pila de xogos que elaborou con moito esmero! Explicounos moi ben e xa os temos no recanto. (Falta un que aposaremos na seguinte entrada do proxecto cando o vexamos con calma en clase)
AARÓN trouxo varios dinos para xogar: triceratops, un t-rex e mesmo un arcosauro!
TEO compartiu un dino T-rex xenial!
XOEL aportou uns dibus que pintou de dinos para decorar e un memory que xa desfrutan no recanto!
RUTH trouxo para comartir unha pegatina que tiña de dino!
ENZO compartiu un dos seus dibus de dinos que mete medo os herbívoros próximos!
IZAN aportou un debuxo e xogo de dinos no que traballou duro para compartir!
IVANA trouxo cartas de dinos que presentou xunto a un puzzle que fixo de dinos na súa casa!
LUCÍA V. e ADRIANA aportaron unhas botellas con dinos que brilan na escuridade!
LUCÍA ademais trouxo unhas pegatinas que temos xa no recanto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!