mércores, 17 de maio de 2023

Letras Galegas e os Maios!


Con motivo da festividade do Día das Letras Galegas preguntámonos por que falamos galego e preparamos  un mural estilo Warhol do homenaxeado Francisco Fernández del Riego.

 Clase de Vermello


Pintando a Francisco Fernández del Riego
Lemos o conto dos Bolechas para coñecer un pouco máis a Don Paco, Francisco Fernández del Riego.

O martes os nenos trouxeron flores para facer o maio con todo o cole.
Despois de poñer as flores, debúxamolo.

A profe dos maiores Vicenta veu ensaiar con nós a canción dos maios.


Clase de Verde
Entre todos decidimos porque falamos en GALEGO e despoís o escribimos

Pintando a Francisco Fernández del Riego estilo Warhol!
O día da festa dos MAIOS coas flores para poñer no MAIO todos xuntos



Clase de Azul 
A nosa frase para o mural de centro sobre a razón pola que falamos galego. 

Lemos o conto dos Bolechas sobre o autor e pintaron a Francisco Fernández del Riego estilo Warhol!



Así quedou o mural de infantil!

A clase de azul participou tamén nun "escape room" para salvar a celebracións das Letras Galegas. Entre todos tiveron que resolver varios misterios para contestar preguntas relacionadas coa vida de Francisco Fernández del riego. Fixérono moi ben!!!

Participamos nos Maios colocando as nosas flores con axuda dos rapaces e rapazas da ESO. Aquí antes de ir colocar as flores...

Deixamos un vídeo resumo do día! (Podesdes regular a calidade do vídeo na rodiña)


Deixamos o enlace ao blog da Biblioteca para que poidades ver o vídeo de porque falamos GALEGO no CPI P. VIRXE DO MONTE




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!